Monday 16 de September de 2024

Charla taller contra a velutina xoves


Organizada polo Concello, a Asociación Galega de Apicultura -AGA- impartirá mañá xoves en Neda unha charla-obradoiro sobre o trampeo primaveral contra a vespa velutina. Terá lugar ás 20:00 horas no polideportivo do Roxal, e nela, daranse as claves para evitar a proliferación de niños preto das vivendas, a construción de trampas e fabricación de atraíntes ou as actuacións a realizar ante a presenza de niños.